Wednesday 08 de May de 2024

A Xunta aplaude o traballo de ASPACE para lograr unha Galicia máis integradora


A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou hoxe en Sada a residencia e o centro de día desta entidade

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, puxo hoxe de exemplo o traballo que realiza Aspace para lograr unha Galicia máis integradora. Díxoo durante a visita á residencia e ao centro de día para a atención a persoas con discapacidade intelectual que esta entidade ten en funcionamento en Sada.

Ademais, Begoña Abeijón destacou a colaboración que desde hai anos manteñen o Executivo autonómico e Aspace para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e das súas familias.